18-7-2015

un 18 de xullo

 


un dezaoito de xullo

setentenove anos atrás

os nosos avós perderon tanto

tanto que aínda costa imaxinar

 

perderon algo moito ou todo

miles inocentes perderon a vida

e nen os seus corpos deixaron

enterrar e chorar ás súas familias

 

nen guerra que nos mate

nen paz con inxustiza

nen falta de memoria

que nos oprima

 

imaxe un cadro de castelao

mañán na illa de san simón

un evento pola memoria