26-1-2014

o cabaliño de buxo




o cabaliño de buxo

no fondo da libraría
agarda por unha nena
que se faga a súa amiga

o cabaliño de buxo
a este rincón da ría
chegou das terras do ulla
cargado de fantasía

o cabaliño de buxo
do querido neira vilas
pra meniñas e cativos
trouxo contos e cantigas

manolo pipas
na libraría andel