11-8-2012

aínda titiricircus aínda




dous actores lembran agora sen fios

as glorias do seu pasado na pista

nun permanente xogo participativo co público
van aparecendo os numeros mais importantes
daquel vello circo hai tempo desaparecido
o home mais forte da peninsula iberica
o malabarista mais divertido e bailón do mundo
o fakir o monociclista ...

foi onte as oito da tarde
en vigo detrás do marco a porta aberta
a obra titiricircus xa non vintecinco anos
sempre fresca renovandose
e os actores tatán e miguel no palco
e andrés onte como tecnico de son
medallas en composicion e improvisacion
medallas olimpicas en lanzamento de retrancas
en probocacion de risas e sorrisos
en levantamento da memoria colectiva ...
 
o compañeiro tantán desde o palco
onte con mimica insinuome algo
sobre se estaba ou ía a escribir uns versos
e logo do espectaculo sen querer
deume coa maleta nun dedo da man esquerda
e dixenlle que ese non agarraba o boligrafo
pero con ese dedo agora escribo na computadora
e sinto unha minima molestia
neste dedo que vos escribe o t
o t de tanxarina e o t de titiricircus

manolo pipas