28-4-2019

artelixo parnalixo

 


artelixo parnalixo sonalixo...
a coca os chocos os títeres
a alameda os viaductos
as prazas de redondela...

moito do que creamos
os humanos coas manciñas
debería durar moito moito máis
como tantos obxetos con encanto
pero demasiados acaban no lixo

os poemas no multiusos
na porta do cortello
na ponte da alameda
memoria na praza de abastos
e no espacio republicano
das antigas casas dos mestres
o recital colectivo do parnalixo

o lixo o mar o chapapote
as bágoas das sereas e da coca
e tantos refugallos da pesca
e nós pescando poemas

e recitamos e cantamos poemas a sesé
con máis bágoas e rebeldías das sereas

manolo pipas