13-11-2020

café para levar


café para levar
pon fora nun bar do barrio
pegado a outra cafetería
que non abre desde marzo

collín e levei un café
apoiando a causa perdida
pero uns días despois
volvín con culleriña e taza