19-5-2019

cantoras a contratempo



cantoras beatriz e sheila
pensaban cantar onte
polo de catro a catro
nunha mestiza noite

os astros non se aclararon
e fomos ben pouquiños
a disfrutar das rapazas
abaixo nun rinconciño

entre a galiza ao brasil
da ría a das minas gerais
as músicas misturadas
van dar un novo cantar

e sinto non ter imaxes
do convivio musical
das voces das percusións
das cordas e o platicar

no cartaz beatriz rodarte

e sheila patricia

manolo pipas