25-4-2015

con outro ritmo

 

 

ao centro residencial de navia

de persoas con parálisis cerebral

fun combidado a unha visita

 

estas persoas teñen outra comprensión

parte do cerebro teñeno paralizado

unhas poden comunicarse coma nós

pero con outro ritmo ou outra dicción

ou comunícanse con xestos ou escribindo

e moitos necesitan silla de rodas

 

a imaxe da visita e cronika

é un traballo colectivo deles

unhas pintan coas mans outros cos pes

e alguns con outras partes co corpo

 

ao centro apamp voltei onte

a falarlles da rotonda e do barco

algunhas van no vitrasa por castelao

e sofriron os cortes de tráfico

e teñen as súas opinións e preguntas

e cóntolles un pouco con outro ritmo

poño unhas imaxes léolles uns poemas

e debaten e saco algunhas risas

 

dixo un dos meus anfitrións

que cando quede sen casa

vai a vivir ao barco

 

o cronistadecoia