16-4-2015

microaberto trabalingua

 


trabalingua microaberto

noite no de catro a catro

debullando os nosos versos

 

colectivo   recital

voces novas outras vellas

nesta  lúa  a  poallar

 

rosalía e outras rosas

galeano e o alfageme

e unha viaxe tras outra

 

esta lingua que se traba

cando o poema non vai

porque falta unha palabra

 

e fomos ficando sós

o barrio a rotonda

o barco e máis nós

 

manolo pipas