12-1-2014

voces na casa tomada





       a cofi e ramiro e toda a banda

a casa tomada está á beira

dunhas vías que antes eran da tribo
e por elas chegamos os do sur
nós viñamos falando de tantos mundos
de terras músicas e festas e doutras voces

e mans amigas que non puderon vir

e platicando con outra compa que baixou
nas mesmas vías pero que non puido ficar

abriu a porta da casa tomada claudia
e ramiro e alfonso do verde sétimo andar
contaron do colectivo e logo recitaron
a casa tomada nave alugada está mui fría
e alberte e verónica compartiron os primeiros
poemas que case sempre son os máis difíciles
e ao final non non vimos e van unhas apertas
sonaron as buguinas grandes caracolas do océano
nos beizos de xośe do mar e alfonso do faro
como chamando a unha xuntanza de poetas
e eles mesmos botaron os seus salgados versos

iolanda que se perdeu oiu as caracolas
ela que se despista nas cidades porque ven
da terra verde xa deu coa casa e tamén recitou
marta buscouse os días antes do recital
pero sabe que na palestra se vai atopar
aínda lonxe das suas pedras do freixo
maría das reigadas recitou os seus poemas
das últimas fragas atlánticas do río eo
e tamén presentou algunhas destas vías
regalándolle o título do libro de lino a iolanda
e os dous quedaron contentos de compartir

e fostes algunhas ricas voces máis
pero non me deu para máis a pluma
o mencer a porta a nave e as vías
pero outra voz pode completar a crónika

no mencer perto de casa e vías
o cronista