28-9-2014

buscando unha taberna salgada

 

 

nós non somos mariñeiros e deixamos

a libraría andel cun estraño rumbo

inconscientes se cadra tirando pro mar

buscando algunha pequena taberna salgada

da rúa das camelias subimos por cunqueiro

baixamos pola chamada praza de independencia

logo urbano lugrís e a memoria do vello andel

e seguimos camiño de coia pola antiga seara

 

e xa cheirando o mar nós fomos

atracar nunha esquina das travesas

no carballo falamos bebimos comimos

ai a mestiza fala dos mariñeiros

ai bernardino avilés manuel antonio...

a rúa coruña entre bouzas e vigo

vai destas antigas travesas á beiramar

para dar co naval que antes era praias

e coas historias de urbano lugrís

deste barrio e da memoria dos tranvías

do instituto santairene e do bar hipólito

fomos chegando ao borrazás de orzán

 

con xosé iglesias maría xosé fernández

xurxo souto ana miranda paco souto

alfonso láuzara iolanda galanes

e fernando miranda

 

manolo pipas