11-4-2014

cando pecha a librería




cando un lokal di que pecha
vai pechando súa vida
vaise enchendo de fantasmas
núblasenos a retina
hoxe leo no xornal
que pecha unha librería
é couceiro da coruña
se ninguén se lles arrima
trintedous foron os anos
carmen e pepe que xubilan

cantos libros e autores
laten nas estanterías
canta maxia e aventuras
compartir tanta enerxía
e buscando máis lectoras
os libros que se movían
en caixas que ían ás feiras
foron moitas travesías

os couceiro da coruña
que non peche a libraría
os primeiros entregados
a lingua de rosalía


este texto tiña un tempo
eu agardaba boas novas
e malas chegan de ourense
que pechou primeiro torga
voltarán tristes os maios

non é tempo para esmorgas
cando pecha a librería
tamén vai triste a memoria
sulagado o noso soño
o verso cheo de sombras
amigas das librerías
creadores e lectoras


manolo pipas