03-8-2018

feira de libros vellos

 


feira do libro vello e de ocasión
ocasión para atopar queridos
autores e as descoñecidas plumas
pasar as páxinas oler os libros
debaixo dos vellos castiñeiros
as aves músicas os carros ruidos

e decidin facer unha foto
sen o canto dos libros cos nomes
das autoras e das súas obras
por se non gostaba dalgunhas voces
e marcho co libro que me acompaña

nunha mesa e no paseo no solpor na noite


o lector