01-9-2016

festival poetas e musicos

 

 

o festival da poesía no condado

é un encontro poetico-musical

 

preguntame unha compañeira

porque no cartaz do festival da poesía

que publicamos hai dúas entradas

os músicos van en letra grande

e os poetas en letra pequena

 

hai que preguntarlle a organización

pero vou dando unhas pinceladas

aos músicos no festival

danlle máis tempo que aos poetas

pero eles tamén fan poesía

en forma de canción

e @s dos versos seica traemos

menos público que os músicos

e hai anos nen saímos no cartaz

 

en letra pequena e grande

edítase todos os anos un libro

cos poemas dos poetas do festival

e eu teño o gosto de participar nel

e tamén desde palco compartir versos

 

manolo pipas