16-9-2014

atravesada travesas

 

 

travesas é este barrio dificil de definir

esa barriada diso que vigo chamamos

e os que vivimos e nacimos un pouco

máis pralá aínda decimos vou a vigo

e pasamos por travesas

un lugar para atravesar

unha encrucillada de camiños

os camiños que se cruzan

 

acá nas travesas hai días

que aínda chega o cheiro

do porto e do mar

 

travesas perto de castrelos

lugar de paso e ás veces parada

antes ou despois daqueles concertos

 

e alí na praza de américa as tres palmeiras

memoria viva daquela estación dos tranvías

se pechamos os ollos podemos imaxinar

que agora pasaba o último eléctrico

o de pereiró o do centro o da ramallosa

 

travesas un cruce de camiños

os camiños que se van cruzando

e no corazón das travesas o bar hipólito

 

imaxe das vellas travesas

dentro da vella cociña do bar

 

o cronista