20-9-2014

o piano e o rumor

 


este piano pechado é coma un rumor

o vello reloxio de parede quixera parar

no medio deste intre luminoso e afectivo

de fondo unha banda de envolvente jazz

 

somos solitarios parellas tríos e grupos

cada mesa co seu necesario sentimento

a pandilla pide que lle fagan unha foto

ben rodeada de salgados pasados tempos

 

pido un pequeno copo de saudade verde

e ven con olivas e galletas de cinco puntas

no lokal hai caras coñecidas e outras novas

ao bar hipólito gárdolle unhas preguntas

 

este piano pechado coma un cálido rumor

dentro e fóra este rumor non vai parar nunca

 

imaxe darío alves