15-5-2019

indianas escolas miñoranas

 


indianas as palmeiras
as vellas e as novas
das escolas levantadas
con indianos cartos
da emigración miñorana
e o agrarismo dos que ficaron

i. e. s.  escolas pro-val
para o traballo e o estudo
e para os de fora platicar
do que non sae nos libros
fermoso e axeitado lugar

indianas escolas miñoranas
e que lúcido foi aquel tempo
de mestres e aulas republicanas

pipas