14-3-2016

mulleres faraxas

 

 

 

faraxa

fermosa palabra que parece

o nome dunha muller

pero que non o é

 

a rapaza pinta con mascarilla

porque o seu sprai é tóxico

 

a beira da antiga prisión de vigo

aínda é un espacio algo tóxico

por todo o que pasóu dentro

por todas as protestas

que facemos fora

 

esta rúa ou paseo do consumo

tamén vende moitas cousas tóxicas

e mui poucas de comercio xusto

 

tóxicos son os feitos

polos que nós estamos aquí

a trata dunhas persoas por outras

a explotación sexual das mulleres

contra a que loita a asociación faraxa

 

mentres o ollo colle forma

preséntase un caderno de apoio

con debuxos poemas relatos …

e toca a banda das mulleres 85 C

e comparten coas danzantes ...

e coa danza a música e a palabra

o mundo é un pouco menos tóxico

 

faraxa fermosa palabra

que parece o nome dunha muller

e non o é pero no mundo hai

moitas miles de faraxas

 

manolo pipas