05-3-2017

ofrenda carta recital...

 


a homenaxe a ofrenda
a carta os poemas as historias…

as compas de contraMINAccion
encheron o comedor de cartaces
de activistas que deron a vida
pola terra e as súas comunidades

e foi a ofrenda dunha flor por cada
unha das dez persoas asasinadas
do consejo cívico de organizaciones
populares e indígenas de honduras
que encheron a cesta-asemblea
mentres isabel vilalba lía unha carta
de melissa cardoza para berta cáceres

e eu botei os últimos poemas
e outros do chapapote e de corcoesto
da serra madre do norte e do sur
do papalopam e istmo de oaxaca
da maría sabina da comandanta ramona

e os feminicidios alá e acá

de ciudad jaurez a chapela
e máis perseguidas e golpeados
compas rodrigo bettina bexe...
pablo alavés de alopam preso
juan e leonor e familia zapotecas
exiliad@ na cidade de lugo…

e mentres en baiona celebraban
a arribada que foi conquista xenocidio
nós a dúas voces recitamos a cova de eiros
e a berta cáceres das moitas augas

o planeta non é unha mina
defendamos como berta
terra mar aire chaira selva...
que nos dan toda a vida

pipas