10-2-2018

pedras e bretemas ramon

 


...aqueles desvelos poéticos...
lembra ramón os encontros
conversas e recitais con algúns
de nós que estamos na presentación
do seu libro se pedra na brétema

no meu caso foi en terras de noia
coa porta verde e o colectivo sacóu
e logo en bueu con alfonso láuzara
e faltóunos coincidir na residencia
de escritores de axóuxere en brión rianxo
e no desaparecido centro social bou eva
e noutros encontros do verso

...eu son un perfeccionista
que me emborracho coas palabras...
e logo conta dos poemas e recitaos
...a xente que perde a memoria
traiciona os seus recordos...
e xa vai outro texto

os canteiros e o vello novoneyra
pablo sax e máis recitais e intervencións
os bichiños que na noite comen os libros
e os vagalumes-lusincú...

lembro unha pequena conversa
co ramón polo móvil e con cuartetas
rimadas en asoante os dous
e el contaba que estaba fendendo leña
e imaxinoo escribindo este libro
na brétema fendendo pedras-poemas


marchamos e tomamos a primeira
co editorpresentador antón lopo
nunha literaria cafetería
e logo a noite levounos
a un mesón de independencia
o moncho con iria e oscar
...sacóu éramos unha nau de tolos
dixo alguén e platicaron navegaron
por aquelas lonxanas brétemas
do colectivo sacóu de outes e noia
os compas a caramuxa a mincha
poderíades publicar un colectivo
libro con aquelas historias pois
dígolles e marchan entre a brétema...


se pedra na brétema

de ramón blanco publicado

por chan de pólvora

onte na libraría andel

foto de xaime nogueira


manolo pipas