15-11-2015

poetica aberta pechado tempo

 

 

o circulo poetico aberto

no negra sombra presentóu

o número sete da revista elipse

máxico número nunha noite

algo maldita na que parte de europa

se pecha á súa longa e mestiza historia

poética aberta pechado tempo

 

presentada a proposta cultural

recital aberto con voces dela

e outras poéticas diversas e ricas

e compartimos textos contra as guerras

acompañados das imaxes de poetas

de grandísima obra pacifista

poética aberta pechado tempo

seguiremos coa aberta palabra

 

recital con montse maría rosa raúl

alexandre anxo cruz e nolim

 

manolo pipas