18-10-2015

rabudo nacho na memoria

 

 

no blogue de nacho mirás

rabudo.com publiquei 14 comentarios

con coplas e outras formas do verso

catro deles tamén entraron nas envolventes

e agora como homexane recuperei este texto

do 10-2-2014 para os seus minutos musicales

 

do gaiteiro conectado

 

non fun a presentación

mais teño o disco do kepa

boa viaxe ese disco

trikitixa con muiñeira

 

alédame que lle saques

bo proveito a ese cacharro

agardemos a muiñeira

do gaiteiro conectado

 

polo de agora non hai

pandeireta cableada

escribir ten a ventaxe

silenciosos na xogada

 

veña músicoterapia

vai escrituraterapia

seguiremos meu rabudo

brincando brincando tapias

 

manolo pipas