03-1-2018

rebeldes elefantes de papel

 


pra facer un elefante
un paquidermo de papel
a folla origami debe ser
grande muuuui graaaaande 

enooorrrmes os vosos soños
polas sabanas polos mares
van navegando estes contos
camiñan sempre pra diante

a salinas e o pirata
eses dous nomes mariños
os sabores e a solidariedade
nos vosos salgados escritos

e puxéronlle os patucos
a este libro elefantiña
e co seu corazón farruco
da pasos de rebeldía
aplastando malos gobernantes
e sementando máis utopías

a maría salinas e berto pirata
presentando no café de catro

a catro elefantes de papel

e deixaron este mariño lokal 

e a travesía segue cara o sur

pras costas e terras das tegras 

manolo pipas