17-12-2017

ricas landras en chandebrito

 


camiño de chan-de-brito
entre a queimada floresta
imos ao encontro da landra
o froito das nosas meigas

as landras de chandebrito
as fariñas que fermentan
pans empanadas e dóces
vellos sabores da terra

ese cociñar as landras
tamén é unha sementeira
polo sobreiro e o penís
apañaron ricas ervas

as masas foron medrando
con mans grandes e pequenas
landras con trigo e con millo
xusto baixo das estrelas

aquí na cova de lobo
xuntámonos entre as pedras
cada un da súa tribo
netas  boas  da  muiñeira

plantas castañas e landras...
monte castro ti que penas!?
resistan   comunidades

que sigan as pandeiretas



as rimas en cursiva
onte foron escritas e recitadas
no encontro exaltación das landras
logo do poema as mortes do desgoberno

na memoria de angelina e maximina
nun descanso das percusións e ventos

manolo pipas
o neto do freixeiro