02-2-2016

rimas por dous discos

 


décimas e triada por dous discos

galiza canarias guanajuato

 

grazas por estes dous discos

letras de manuel maría

na voz da veciña uxía

e os outros cantos ariscos,

entre estas costas e os riscos

entre méxico e as canarias

van unhas trovas plegarias

por un máis xusto planeta,

a vida sempre nos reta

quere rimas livertarias

 

o guillermo huapanguero

que chegóu de guanajuato

bota décimas un rato

debaixo do seu sombreiro

con yeray son dous troveiros

e canta con eles uxía

na miña casa este día

en discos ben irmanados,

van estes versos trenzados

polos mares da utopía

 

grazas luis polos cantos

caruncho polas poesías

das apertas e os quebrantos

 

manolo pipas