04-5-2015

mestra antía

 


antía mestra antía

a sorpresa do vivir

a palabra en rebeldía

 

en cuba nace a cativa

e vai ser de dúas terras

aprende das dúas feridas

 

muras la habana vigo

de onde tantos van partir

ela atopa o seu destino

 

os camiños da muller

están cheos de atrancos

mais non para o seu facer

 

antía mestra antía

ela tiña que fundar

esa escola rosalía

 

antía mestra antía

a sorpresa do vivir

a palabra en rebeldía

 

manolo pipas