02-6-2018

tangaraño toña e rochi



amiguiñas e veciños
pediume toña un poema
para sua irma de papel
esta mestra das bonecas
alma mater tangaraña
rochi nóvoa a farrapeira

esta liante escribiume
un correo algo estresante
que estaba facendo un libro
pra poeta dos instances
- quero que ese día chore
chore de felicidade

rochi sobradela filla
grazas polos tangaraños
vida pro noso rural
cos teus máxicos farrapos
douche unha cálida aperta
coas miñas rimas de trapo



pipas