15-1-2016

toca e navega carlos

 

 

      a itziar e carmen

 

 

todas e todos nós temos botado

mui bos momentos co carlos

carlos takadum pra min de hai tempo

que agora sei que é carlos veiga

pero máis que nos campos

eu lembroo á beira do mar

monteferro saians barra...muxía...

e lembroo tocando nos lokais

e escoitando música nas prazas

lembroo tocando e tocando máis

e algunhas veces tamén entre ritmos

e boas conversas á beira da ría 

 

 

navega veleiro carlos

ai guitarra de seis velas

voz salgada en colectivo

susurra versos pra ela

 

carlos guitarra e tambor

navega en ritmos na ría

de chapela a monteferro

da illa de ons a muxía

 

carlos guitarra e bongós

timón polo mar aberto

de takadum a menela

vai con ritmos ventureiros

 

 

e tocaron catro gatos

houbo poemas semblanzas

e con el cuarto de tula

cantamos coma na praza

 

 

imaxes juan moreiras

en saians xullo 2013

palabras manolo pipas

recitadas na homenaxe

agás as ultimas