05-6-2011

medio ambiente


hoxe din que é o dia

mundial do medio ambiente
que pouco tempo
para celebrar a vida

hoxe hai unha marcha
en muros a medio dia
co lema consigna proposta
de que coas rias non se xoga
e din que conservar o litoral
é unha garantia de futuro

desde a distancia
na ria do sur escribo estas letras
e na memoria busco unha imaxe
da terra de muros que as acompañe
e lembro da praia e monte louro
naquel tempo do chapapote
tempo que sempre e sempre volta

coa terra e co mar
non se xoga