27-11-2011

papaventos




esta laxe de pizarra

da serra do courel
algun dia formará
parte dunha coberta
e protexerá a casa
da chuvia e do temporal

esta laxe de pizarra
con esta forma especial
como un pesado papaventos
que nestes versos quere voar

lariño