01-10-2016

arbores coitadas

 


hai catro días

tomei esta foto

o concello de vigo

anda podando as árbores

con moita antelación

 

xa non poden murchar

as follas co seu ritmo

desprenderse e voar

e cair ao chan

e sofren estas árbores

os insectos os paxaros...

a nós róubannos a sombra

 

as árbores coma esqueletes

moitos meses tristes

até a primavera

 

o cronista