06-2-2013

da maxia á desfeita




cando paseo pola cidade

atopo moitas desfeitas
e ás veces máxicos rincons

esta arbore da imaxe
entre dous edificios na rua
do escultor gregorio fernandez
é un aguacatal como unha
escultura viva co seu marco
que naceu no medio do lixo
dunha pepita que ali debeu cair

do rincón maxico
pasamos á desfeita
onte pasei por esta rua
e desvieime para ver a arbore
e meses despois xa a cortaran

nen tiña cámara de fotos
nen paga a pena publicar
a posible nova imaxe

da maxia a desfeita

lariño