02-1-2013

das arbores do castro




os chopos de castelao

non están sós na cidade
hai máis arbores con medo
nos paseos e nos parques
algunhas están enfermas
por tantas podas salvaxes
e a proposta do concello
motoserra pola base

estes dias polo castro
nos arredores da charca
moitas arbores tumbaron
coma magnolios e acacias
e desde a primeira corta
os patos están sen auga
e se morren do concello
xa dirán non pasa nada

primeiro por castelao
e agora polo castro
e as arbores de samil
de seguro están tremando

o cronista