27-2-2011

brancos sobre verde


estes corpos que cairon

non foi por unha guerra
é o ritmo do seu tempo
os petalos sobre a erva
o branco sobre o verde
o rumor dunha camelia

pequenas son estas formas
que o vento tamen se leva
cando maduran as flores
da vida que se revela
o dia coa sua noite
no inverno a primavera

as catro fases da lua
o astro coas suas mareas
ai o branco  sobre o verde
ai os petalos sobre a erva