23-4-2017

berramos independencia



compostela berra terra

berra chuvia lingua matria
berramos independencia


onte foi tamén un grito 

na praza do obradoiro

contra a peste do arcolito

berra matria compostela
berra non estamos todos
faltan os presos e a presa


da alameda ao toural

denunciada a represión

da audiencia nacional


espiral bandeira estrela
a democracia no sol?
galiza na sombra queda!

democracia pra galiza!
parece que aínda estamos
no tempo de rosalía

compostela berra terra
berra chuvia lingua matria
berramos independencia

o cronista