31-1-2013

escaleiras a ningures




estas nove escaleiras

xa non levan a ningures
unha parede frustou
o que lles daba sentido
que uns baixaran
que outras subiran
e un grafiti completa
a surrealista estampa

nestas escaleiras
que non levan a ningures
sentome a ollar o mundo

lariño