10-2-2011

un recuncho


sempre gostei desta

esquina curva recuncho
da nosa cidade maltratada

as formas humanas
que se axustan a natureza
estas fermosas pedras labradas

co mesmo esforzo
pola esquerda ti podes
subir con un ou dos pasos
e pola dereita de golpe
podes subir os catro chanzos

o equilibrio das formas
deste pequeno lugar de paso
no que poucas veces reparamos

posdata dias despois
varias persoas
preguntaron por este recuncho
do que dou algunhas pistas
é na cidade de vigo
pero non polo casco vello
e tampouco nas aforas