05-8-2012

castellera de terrassa l




co teu pano de pirata

e faixa de danzarina
da tua tribo a camisola
e descalza pola vida

castellera de terrassa
primeiro foche anxeneta
e mais tarde acotxadora
e agora xa vas na sexta

vai carregar un castell
toda aldea nunha piyna
cunha soca e unha folra
as manilles xa prarriba

tocan grallas e timbals
van els quints i els sisens
els setés i el pom de dalt
e completado o castell

 corpo e mente en equilibrio
 miña amiga l'enxeneta
 no curuto desta colla
 agora xa fas l'aleta
 a doce metros de chan
 co teu pano violeta

manolo pipas