05-8-2012

castellera de terrassa ll




 corpo e mente en equilibrio
 miña amiga l'enxeneta
 no curuto desta colla
 agora xa fas l'aleta
 a doce metros de chan
 co teu pano violeta

co teu mocador pirata
no castell a escorregar
e cando chegas a piyna
vouche axudar a baixar

con violeta camisola
e faixa de danzarina
castellera de terrassa
entre soño e fantasia
co teu mocador pirata
vas descalza pola vida

manolo pipas

estes versos foron escritos
para os minyons de terrassa
nas suas actuacions
en vigo no verán do 2001
onte actuaron os castellers
e o azul sustituiu ao violeta