10-4-2017

a cebola en festa en teis 2

 



meus amantes da cebola   veciñas e visitantes
vouvos botar unhas coplas deste bulbo interesante

como vedes compañeiras  enrolladas van as coplas
como estraño pergamino como as capas da cebola

cebolas e ceboliños  desta barriada de teis
cantos alcouves i eitos  canta horta por comer

teis dabaixo teis darriba  de chapela até bos aires
ceboliñas  e  cebolos   da emoción vou a chorare

entre a guía e guixar   e tamén por travesía
por detrás dos edificios   medran moitas ceboliñas

din que vos tedes en teis
unha cebola especial
seica é republicana
irmandiña natural

cheiro forte ten a amiga  e sabor algo picante
a cebola nunca falta  nos petiscos e xantares

guisos salsas ensaladas  empanada empanadillas
fundamental a cebola  mesmo tamén na tortilla

nas leiras das nosas rías nos mercados e nos platos
moitas veces vai da man  a cebola co seu allo

e non esquezo o prixel  kentre alcouves tamén medra
nas talladas non me meto  polo respeto aos vexetas

da travesía a chapela  teis dabaixo teis darriba…
da emoción vou a chorare  misturando ceboliñas

agardo que vos gostases 
do encebolado poema
graciñas mistura teis 
polas cebolas en festa


nese lugar da ferreira
domingo nove de abril
festa feira ceboleira

eu cheguei un pouco tarde
que  viña doutro convivio
dinme que foi saudable

e regalei o poema
as bubelas foron logo
carunchos e lúa chea

o cronista