24-6-2010

as fogueiras e as mamurras

uns poucos corpos
xuntamonos darredor dun lume
ceamos falamos rimos e ollamos as estrelas
e contamos algunha historia do solsticio de verán
no val do rio barbeira

na noite das fogueiras por euskalerria
hai un costume de repartir caixas pequeniñas
e cada un antes do lume esconde aberta a sua

para que nelas entren as mamurras

e a partires das doce da noite
cada unha pode recoller a sua caixiña
e sen ollar dentro pode pechala e gardala

falase de mamurras que vivian no rio
e pola tarde saen del buscando as fogueiras
e outras que saen das covas ou baixan dos cumes
e falase de tres posibles mamurras por caixa
e tres desexos que podes pedir ao longo do ano

esta noite no val do barbeira
tamen xogamos cunhas caixiñas
a ver se por aca tamen hai mamurras

val do barbeira
noite do 23 ao 24 de xuño