09-7-2017

corre touro corre

 


fermoso o touro
fermoso correndo polas debesas

os homes corren diante
ou detrás dos touros por pracer
pero os touros corren
entre os homes por cruel obrigación
ai se pudera fuxir
e son muitos mais homes que touros
e porque un dia non proban ao contrario

os toureiros por pracer
torturan e matan touros
pero os touros as pouquisimas
veces que se da non matan por pracer
matan por descuido do toureiro
que ben sendo un accidente de traballo
e esta morte casual
se cadra do asasino de centos de touros
e coma un acto de pequena xustiza

corre foxe touro
que ti es inocente

o cronista