22-6-2014

memoria de coia




foi debaixo da floresta

o faladoiro da bouza
pola memoria da aldea
que era coia

foi polos anos sesenta
a cidade non perdoa
coas máquinas avanza
entra en coia

moitas casiñas e campos
en nome do gran progreso
desaparecen cobrando
catro pesos

o progreso anos despois
nesta bouza puxo o ollo
pero a loita dos veciños
para ao roubo

entre avenidas e pisos
ficaron casas e campos
nestes anos conformouse
outro barrio

foi debaixo da floresta
solsticio de vran na bouza
memoria no faladoiro
desta coia


das conversas compartidas con marisa
andrade angel costas e diego lores
a chuvia e unhas velliñas do lugar
http://alicerces.prazapublica.com/
https://flickr.com/photos/arealidade/
sets/72157645304766795/



manolo pipas