19-2-2014

pequena memoria dos tranvias




parte da longa historia do funil de ferro
e da barra de agarrarse dos perdidos tranvías

na florida na estación / que coñecin en ruinas
de cativos nós xogamos / entre as paredes e as vías

ai estación da florida / que en ruinas coñecín
dos tranvías nos gardamos / unha barra e un funil

no tranvía agarrados / nunha barra vertical
nos usámola algúns anos / para a roupa dun tendal

velliño funil de ferro
costa abaixo nos tranvías
coa area freaba as rodas
e seguiu con outras vidas

oxidado este funil / ai dous usos nós lle demos
pra lle botar millo as pitas / sen entrar no galiñeiro

vello funil do tranvía / acortóuselle o teu tubo 
e seguiche noutra vida / xa che demos outro uso

cando tiña auga o pozo / o funil encheu garrafas
pras cebolas e os repolos / do campo detrás da casa

esta foi parte da historia
da barra e o funil de ferro
con eles gardo a memoria
dos tranvías doutros tempos
hai corentecinco anos
que pararon sen remedio
foi pola especulación
ou por gobernantes cegos


o cronista