02-4-2015

sagrada miñoca

 

 

dentro de cincoenta ou cen anos

ai se alá chegamos

a miñoca poderá ser un animal

mitico e sagrado

 

o dia da miñoca será

será a nosa gran festa

todos nos seremos os fillos

deste bicho das leiras

 

arrastrado bicho coma nós

miñoca xa extinguida e sagrada

como unha tarasca unha coca

pero sen patas e sen azas

 

dentro de moito ou pouco tempo

ai se arrastrados alá chegamos

a miñoca será o noso tótem

para ela serán os nosos cantos

 

pola xigantesca miñoca

do parque do noso barrio

levantado sobre a memoria

dunhas pequenas casas e leiras

como a da miña familia de coia

a poucos metros da rotonda


manolo pipas