05-8-2013

pardiñas da musica e da arte




unha semente que xermolou

medrou e florece cada ano
a árbore do festival de pardiñas

tardei demasiados anos en voltar
á festa e feira da musica e da arte
os concertos e a mostra de instrumentos
de musica tradicional a feira de artesanía …
e entre os dias e a noite se cadra non houbo
un momento no que parase a musica
dixome alguen que non se deitou
do sabado para o domingo

este ano non podía faltar en pardiñas
na presentacion do guiero catorce
un libro de homenaxe a xosé seivane
no que están incluidos os meus versos
e neste pequeno palco fixose o evento
e puiden recitei dous poemas
que foron publicados neste espacio

na imaxe un duo
tradicional do bierzo
ventos e percusión
que é un trío galego

a informacion do festival
na sua bitacora xermolos.org

manolo pipas