30-7-2010

a outro olmo seco

 


entre as casas de chere hai un grandote olmo seco
tan vello como a aldea que cecais se foi morrendo
cando marcharon os ultimos
poboadores destes cerros

e co tempo a estas casas se lles caen as cobertas
e o olmo seco que perde as polas finas e a casca
pero o peto carpinteiro
tamen gosta esta madeira

alguns olmos sempre tiña cada aldea deste val
e de lonxe xa descobren as xentes ao camiñar
polos olmos estes pobos
e xuntos gañando o ar

e ate chere que chegaron camiñantes e olladas
e o tronco deste olmo seco que se enche de palabras
dun poeta de outro tempo
que a lupe as veces graba

e as noites de lua chea neste tan revolto maio
a sombra deste olmo seco que cecais feriu un raio
vai provocando outros versos
duns alunnos de machado


maio 2009

haberá que voltar
a  este maxico  val