30-3-2017

estampa parque


o son dos chorros da fonte
as árbores gomando florecendo
as pombas buscando comida
as nubes escurecen e agrúpanse
a gaivota na farola ollando
como a cadela caga na erva
as rapazas xogando cos rapaces…

e non teño cámara pero escribo
e todo non podería sacalo nunha foto
a fonte as árbores as pombas as nubes
a gaivota a cadela a rapazada...

pipas