06-5-2015

defensa da cova de eirós

 

 

a cova de eirós

contóunos parte da súa historia

a outra parte hai tempo de descobrila

pero hai algo que se cadra

ela nunca nos vai cantar

 

na cova de eirós atopamos

restos de grandes mamíferos

daquel tempo do paleolíto

as pegadas dos cazadores

 

na cova de eirós está viva

a antiga presencia dos neanderthais

e aqueles humanos parece

que eran máis sensibles e cultos

que as mineiras e os gobernos

 

todas as covas que foron habitadas

polas plantas os animais e os homínidos

gardan información que con medios

e tempo nunca será coñecida totalmente

 

na cova de eirós foi atopado

un craneo dunha especie anterior

ao oso actual case tamén extinguido

nestas terras de teixos carballos e lobos!

e da nosa cova de eirós que pensan

que din que calan nas terras de oseira?

os de oseira non son acaso

as mulleres e homes da tribo do oso?

 

na cova de eirós atoparon

pinturas paleolíticas con cervos!

que pensan na vila de cervantes?

os da tribo do cervo que din

sobre a posible desaparición da cova ?

 

e que decimos que facemos nós!?

 

 

mañán xoves día 7 as 10 da mañán

será xulgado en vigo marcos celeiro

acusado de decir a verdade sobre

cementos cosmos que está a estragar

a cova de eirós en triacastela

 

manolo pipas