cantigas para este tempo

10-3-2011

cantiga da arribada




en baiona hai uns dias

houbo a festa da arribada
e coincidiu desta volta
co entroido a mascarada

non arribei a baiona
a esta festa medieval
na distancia eu escribo
entrelendo o xornal

falan de festa pagana
hai torneos na ribeira
malabares e teatro
mais que drama é traxedia

con zancudos e bufons
e con cantares de cego
a memoria  está bufando
hai que cegos os seus versos

cincocentos dezaoito
os anos que xa pasaron
cincocentas as mentiras
sobre os pobos conquistados

que descobrimento ese
que de culturas encontro
non celebraredes pois
as masacres deses pobos

o cronista


08-9-2010

os ecos das palabras

a manuel maria

as augas
do regato do cepelo
serán o meu verbo

baixei o rio miño
e os ecos dos poetas
enchian salvaterra
de recordos sentidos

é tempo de vendima
colectivas tarefas
tamen dan paso á festa
coas tuas cantigas

outono como tarda
non quere despedirte
teremos que decirlle
que viven as palabras

nas augas do pai miño
xa baixan follas murchas
serán da chaira tua
cara o mar paseniño

setembro 94

texto publicado
no colectivo libro a porta
verde do setimo andar

18-7-2010

en arealonga por suso

praia de arealonga praia
a musica no solpor
na noite é unha emocion
graciñas pola palabra

na beira sur desta ria
praia de arealonga praia
ai suso coa sua guitarra
deulle voz á poesia

ai arealonga chapela
regodobargo espallando
na nosa terra mais cantos
ai suso na sementeira
manolo pipas
coplas escritas e recitadas
onte na praia de arealonga
por suso vaamonde

20-6-2010

as coplas da homenaxe




foi no castro no auditorio / alí entre as nosas raigames

breogán e os regueifeiros / noitarega e outras aves

merecida esta homenaxe / son oitenta anos cumpridos
e contou cos seus alunn@s /e con moitos mais amigos

enrique toucou e falou / e deu un monton de apertas
entre corral e os seivane / canta memoria gaiteira

enrique falou e tocou / unha balada fermosa
homenaxe ao pescador / e tamen a terra nosa

e co guti e co manolo / o noso vello gaiteiro
a peza con este nome / toca enrique dos cruceiros

vento da ria e das cies / turreiro e conservatorio
o sabor da nosa gaita / o gaiteiro do fragoso

o cronista no castro
na tarde do 19 de xuño


posdata
hai tempo a enrique otero lle comentaron
de abrir un portal para difundir a sua obra
e contestou que xa lle chegaba
coa cancela da casa

19-6-2010

a cantiga do henrique




compañeiro henrique otero

ai mestre das rias baixas
aos buxos deche outra vida
co punteiro e mais a gaita

ai henrique vello amigo
graciñas por eses duos
compositor e solista
entre pasado e futuro

entre palcos e turreiros
pasarruas e alboradas
unha vida no folklore
o enrique e mais a gaita

os barrios de lavadores
que cruza o rio lagares
os cambios da nosa ria
vellos e novos lugares

meu gaiteiro do fragoso
ai os tempos dos cruceiros
as leccions e as escolas
a oracion do gaiteiro

o cronista
mañan do 19 de xuño

o amigo e mestre será homenaxeado
esta tarde en vigo no auditorio do castro



21-5-2010

os titeres de redondela

once anos nada menos / titeres en redondela
alegría pros pequenos / que non perden esta festa

tanxarina na xunqueira / é o grupo anfitrion
nas prazas e na alameda / once anos de paixons

este trio trae a ria / titeres de medio mundo
historias de fantasia / dun pasado ben profundo

toca o tan tan tanxarina
abre o telon a cortina


titeres e marionetes / circo poetico e danzas
musicas e monicreques / liliput e uns fantasmas


.

os dez dedos xa sumaba / o .cartel . titiriteiro
as duas mans completadas / dan paso a outro deseño

toca o tan tan tanxarina
abre o telon a cortina


van dentro dun castromil / os dez anos e monecos
no remolque está a sorrir / e seu irman mais pequeno

titeres que gran regalo / redondela e tanxarina
o festival once anos / pecha e abre a cortina

tanxarina ai tan tan
ti non nos podes faltar


                        na ria a 21 de marzo



06-2-2010

con suso vaamonde

a dez anos da sua morte
dez anos sen o suso
co suso moitos anos

o troveiro e o cuco


suso vaise rio abaixo
unha tarde de febreiro
regodobargo é un coro
que despide ao seu troveiro

suso vaise rio abaixo
unha vella dille ao neto
entre cantos e poemas
entre rochas e amieiros

val abaixo segue o curso
e atopase con dous merlos
e por eles vai saber
que o cuco caiu preso

val abaixo chega a ria
suso faise mariñeiro
outra vez cruzara o charco
e daquela con regreso

o mar é unha presa inmensa
esta vella dille ao neto
pero o cuco voltará
e do suso saberemos

.......

escrito en febreiro do 2000
e publicado no libro colectivo
a porta verde do setimo andar 07

suso vaamonde o trovador
deulle voz e guitarra a moitos poemas
de celso emilio ferreiro manuel maria
bernardino graña … e poetas anonimos
lembro cando lle demos o ate logo
coas suas cancions que xa son populares
no rio oitavén por regodobargo
con a roda tino baz a quenlla...

desde a terra do corrido
e do son jarocho a 6-2-2010

23-1-2010

camiño de volta aos eidos

a uxio novoneyra

da tua elexia é o tempo
compostela lugo e as campás do courel
camiño de volta aos eidos

en silencio acendin un lume por ti
ollando o lume lembrei os teus versos
e na compaña dos meus seguin calado
sentindo como se asaban as castañas

lume da morte e lume da vida
e as castañas sabiannos a terra
en silencio sain do silencio
e mañan recitarei versos por ti

en lugo o dia da tua non despedida
poucas voces foron capaces
de facer o coro na letania

galiza 11-99

este texto
esta publicado no libro colectivo
a porta verde do setimo andar
e foi musicado e cantado
por maría xosé lópez


Distribuir contido