de cativas e chamacos

23-11-2013

as nubes na casa colorida




sole do país das nubes

sole vive                                    
na aldea da soledad
a chiquita da blusa violeta
ten cinco anos
e fala mui rapido e atrapallada
anda descalza
e as guarachas so as pon
cando ten que ir a escola
cos seus irmans xoga nos valados
e na hamaca do seu avo
e para ela fago dragonciños voadores
que chama zopilotes
para sole da soledad
case todo é un xogo
menos as veces ver polos coconitos
para que non leve un o gavilan

comunidade la soledad-1-06


viaxe ao país das nubes
versos e recitado manolo pipas
musicas e canto servando barreiro
venres 29 na casa colorida 
nigrán rua rosalía de castro 16
as nove da noite lua minguante



19-11-2012

a cativa o mar o barco




a cativa puxeronlle

o nome dunha tia avoa
ela ten un nome mariño

para ela collin un pequeno papel
e dobreino para tentar darlle vida
pregunteille que podia ser
e dixome que era unha gaivota
e que lle ía dar de comer tinta
porque era de papel

dime a sua nai
que a cativa se chama sira
nome antigo de serea
e naceu hai dez anos
un 19 de novembro
o dia que aquel barco ...

ai a gaivota a tinta...
a tinta sobre as gaivotas...
o bravo mar os golgiños
os barcos as cativas sereas...

lariño

para sira e lucía
que se levou outra
gaivota de papel
para cruz e david
foto de david


03-10-2011

maré baixa



unha praia chea de vida
no interior da ria por cesantes
as formas da longa maré baixa
e as formas dos xogos dos nenos
cheas dunha efimera vida

o excesivo sol de primeiros de outono
pasado un pouco o calido medio dia
no que non pararon os xogos dos nenos
o reflexo do sol no medio e medio
destas humidas formas cheas de vida 





Distribuir contido